A Galiza que queres - Agora A Galiza que queres - Agora

A nosa experiencia

Candidatura

candidatura bng por a coruña

1. Ana Pontón Mondelo
2. Mercedes Queixas Zas
3. Rosana Pérez Fernández
4. Ramón Fernández Alfonzo
5. Daniel Pérez López
6. Iria Carreira Pazos
7. Óscar Ínsua Lema
8. Iria Taibo Corsanego
9. Xosé Manuel Golpe Acuña
10. Saleta Chao Rivas
11. Júlio Conde López
12. Cristina López Sánchez
13. Joam Luís Ferreiro Caramés
14. Carolina Castiñeiras Brandón
15. Primitivo Pedrosa González
16. Alba López Regueiro
17. Ánxel Rial Otero
18. Sandra Permui Meizoso
19. Xesús Seixo Fernández
20. Antonio Vilaverde Rei
21. Carlos Manuel Callón Torres
22. Agustina Cortés Romero
23. Elvira Souto Presedo
24. Xesús Miguel de Toro Santos
25. Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”

suplentes

1. Beatriz Pérez Mosquera
2. Alberte García Sánchez
3. Cristina Andrade González
4. Xan Fernández Bello
5. Xan Freire Otero

Sobre
Mercedes Queixas

Son candidata como resultado de moitas preguntas e silencios. Son por non me resignar e seguir buscando respostas. O momento fundamental nesta decisión foi o ano 2002 en que coincidiu o nacemento da miña segunda filla e o Prestige que demostrou que tiñamos un goberno que non gobernaba e uns responsábeis políticos que eran irresponsábeis. Pensando no futuro da miña filla decidín que a única saída era militar no nacionalismo.

Vinte anos despois atópome con ganas e forza para vivir colectivamente un tempo novo, para abrir as portas e ventás do país, como dicía Rosalía, para que podamos ver un horizonte novo e axudar a ter o goberno que Galiza merece. Como muller, estou moi orgullosa de ver como as mulleres son pioneiras e libres, dan pasos adiante para avanzar en igualdade e ocupar todos os espazos, incluídos os de máxima responsabilidade. Por iso este momento é esperanzador, pensando nas mulleres que me precederon e as que virán despois, para conseguirmos que unha muller como Ana Pontón lidere o futuro de Galiza, coa ilusión de tomar parte dun momento histórico

Profesora de ensino secundario desde 1996, Mercedes Queixas (A Coruña, 1968) foi tamén secretaria xeral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) entre 2005 e 2020 e coordinadora territorial de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística entre 2007 e 2010.

Na actualidade, é membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e do Instituto de Estudos Locais José Cornide e académica correspondente da Real Academia Galega desde 2008. Mercedes Queixas é tamén autora de diversos ensaios de carácter divulgativo e investigación literaria, así como de varias obras de ficción.

Desde as pasadas eleccións, foi deputada no Parlamento Galego polo BNG ocupándose de maneira especial da defensa da nosa cultura e a nosa lingua.

A nosa candidata

Coñece a todas as Anas

Vida
persoal

Aquí poderedes coñecer algunhas historias sobre a miña vida persoal.

Vida persoal

Vida
política

Quero falarvos dos meus 10 compromisos cos galegos e as galegas.

Vida política

A campaña
día a día

Cóntovos como estou vivindo esta campaña. Acompañádesme?

A campaña día a día

A nosa proposta

Galiza
merece máis!

Galiza non avanzou nin mellorou en todos estes anos. Levamos catorce anos de estancamento e retroceso. Na sanidade, na industria e o emprego, na precariedade e custo da vida, no despoboamento do territorio, fomos a peor. É o momento de abrir un tempo novo para os galegos e as galegas. Cos recursos galegos ao servizo de Galiza e cun goberno galego leal aos intereses do noso país. Galiza merece moito máis.

Este é
o momento.

Hai moitas formas de sentirse galego ou galega, de vivir o noso país, e todas son necesarias para construírmos a Galiza mellor que queremos. Votases o que votases noutras ocasións, este é o momento de votar BNG. Temos diante unha oportunidade para facer historia. O cambio galego é agora.

Silueta de Galiza en cor azul

Unha Galiza
que se fai valer.

O servilismo, a submisión a intereses alleos e o centralismo son un problema para o desenvolvemento de Galiza. Precisamos facernos valer como país para poder avanzar. Defender os nosos intereses e usar os nosos recursos en favor de máis riqueza, emprego e prosperidade na propia Galiza. Queremos un goberno galego que traballe para unha Galiza en grande.

Unha presidenta
para a Galiza que queres.

A Galiza que vén é unha Galiza viva, forte, xusta e con futuro. Con respostas propias aos retos globais deste tempo de mudanzas: mudanza climática, a sustentabilidade, a xustiza social, a igualdade. Queremos unha Galiza próspera, aberta, inclusiva, avanzada. Que coide da súa xente e garanta oportunidades. Orgullosa da nosa lingua, cultura e identidade. Unha Galiza mellor, contigo.

Silueta de Ana Pontón en cor azul

Se nos movemos,
gañamos.

A maioría de galegos e galegas quere un cambio na Xunta. Queremos avanzar, facernos valer e desenvolver todo o potencial que temos como país. Se todas as persoas que queremos cambio imos votar, o cambio é seguro. Ningún voto de cambio se pode perder. Depende de todas e todos nós. Contigo, desta vai!

Un goberno
serio e capaz.

A sociedade galega sabe que pode confiar no BNG. O Partido Popular recorre á mentira e á ocultación e demostra a súa incompetencia cada vez que toca xestionar un problema importante. Galiza merece un goberno serio, capaz, preparado para liderar a Galiza do presente e do futuro. Temos un proxecto de goberno á altura do noso país. E poñemos os intereses xerais da sociedade galega sempre por diante.

Accede ao noso programa