A Galiza que queres - Agora Ana Pontón Presidenta Ana Pontón Presidenta

A nosa proposta

Galiza
merece máis!

Galiza non avanzou nin mellorou en todos estes anos. Levamos catorce anos de estancamento e retroceso. Na sanidade, na industria e o emprego, na precariedade e custo da vida, no despoboamento do territorio, fomos a peor. É o momento de abrir un tempo novo para os galegos e as galegas. Cos recursos galegos ao servizo de Galiza e cun goberno galego leal aos intereses do noso país. Galiza merece moito máis.

Este é
o momento.

Hai moitas formas de sentirse galego ou galega, de vivir o noso país, e todas son necesarias para construírmos a Galiza mellor que queremos. Votases o que votases noutras ocasións, este é o momento de votar BNG. Temos diante unha oportunidade para facer historia. O cambio galego é agora.

Silueta de Galiza en cor azul

Unha Galiza
que se fai valer.

O servilismo, a submisión a intereses alleos e o centralismo son un problema para o desenvolvemento de Galiza. Precisamos facernos valer como país para poder avanzar. Defender os nosos intereses e usar os nosos recursos en favor de máis riqueza, emprego e prosperidade na propia Galiza. Queremos un goberno galego que traballe para unha Galiza en grande.

Unha presidenta
para a Galiza que queres.

A Galiza que vén é unha Galiza viva, forte, xusta e con futuro. Con respostas propias aos retos globais deste tempo de mudanzas: mudanza climática, a sustentabilidade, a xustiza social, a igualdade. Queremos unha Galiza próspera, aberta, inclusiva, avanzada. Que coide da súa xente e garanta oportunidades. Orgullosa da nosa lingua, cultura e identidade. Unha Galiza mellor, contigo.

Silueta de Ana Pontón en cor azul

Se nos movemos,
gañamos.

A maioría de galegos e galegas quere un cambio na Xunta. Queremos avanzar, facernos valer e desenvolver todo o potencial que temos como país. Se todas as persoas que queremos cambio imos votar, o cambio é seguro. Ningún voto de cambio se pode perder. Depende de todas e todos nós. Contigo, desta vai!

Un goberno
serio e capaz.

A sociedade galega sabe que pode confiar no BNG. O Partido Popular recorre á mentira e á ocultación e demostra a súa incompetencia cada vez que toca xestionar un problema importante. Galiza merece un goberno serio, capaz, preparado para liderar a Galiza do presente e do futuro. Temos un proxecto de goberno á altura do noso país. E poñemos os intereses xerais da sociedade galega sempre por diante.

Accede ao noso programa

A nosa candidata

Coñece a todas as Anas

Vida
persoal

Aquí poderedes coñecer algunhas historias sobre a miña vida persoal.

Vida persoal

Vida
política

Quero falarvos dos meus 10 compromisos cos galegos e as galegas.

Vida política

A campaña
día a día

Cóntovos como estou vivindo esta campaña. Acompañádesme?

A campaña día a día